dissabte, 3 de novembre del 2007

Catalunya 2 - Chile 1

Catalunya remata de chegar á final da Copa América. "Carallo! -diredes- iso si que é unha sorte! Polo menos valeu a pena a traballeira, os cafés a media noite, a dor nos dedos postos xusto ao fechárenvos a porta... Parabéns, de todo corazón". Pode que non saibades da importancia da competición. Menor, sen dúbida, mais non tanto. Pode que nin saibades de que deporte se trata: seica ouvistes algo do corfbol, hai uns días... Baixades un pouco a cara, con disimulo: "E que carallo será o corfbol?" Non matinedes moito; iso tanto ten, crédeme.

Aquí tampouco sabe nada a xente do que acontece no presente. Seica non saben, coma vós, que Catalunya chegou a un acordo cunha federación internacional alá lonxe, nas Américas, naquelas terras que de tan virxes agora sofren a maior explotación do planeta... Se cadra fecharon o acordo con alguén de sangue galego nas veas, cun home de sorriso vagamente coñecido, cunha cara co aquel do nordés nas engurras da fronte... Porén, aquí tampouco sabe nada a xente do que acontece no presente.

Pero Catalunya remata de chegar á final da Copa América. Xogará -xogaremos- e gañará -gañaremos- mañá a media noite. Cun pouco de sorte, a nova chegará a tempo a Perpinyà, onde os que hai uns meses cantaban Els Segadors coas victorias dos Catalans Dragons van estar celebrando os actos finais do Correllengua. Cun pouco de sorte, todos -cataláns do norte e cataláns do sur- decatarémonos unha vez máis de que hai presente, de que hai lingua, de que hai futuro. E cun pouco de sorte, ollaremos cara ao ceo e a lúa refulxirá un intre coa forza de quen sabe que o camiño existe, e só cómpre alumealo aos que avanzan por el...

Xa vedes que non cumpría matinar: que sexamos campións en hoquei sobre patíns non é o máis importante.
a

2 comentaris:

ciceropc ha dit...

Cristo en pèl, taronges nàvel, remil banyetes!!!

Hem perdut la final 4-2 amb Argentina. D'aquí uns anys hi tornem i guanyem!!!

Salut!

una lingüista ha dit...

Gràcies per tenir-me enllaçada!! Ja passaré sovint per aquí, ja ens pots estar segur! ;-)